Saltar ao contido

Pedro Acedo Penco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro Acedo Penco
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Hornachos, España (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
7 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019

Circunscrición electoral: Badaxoz

Alcalde de Mérida
Senador de España
Q58867894 Traducir
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsÁngel Acedo Penco Editar o valor en Wikidata

Pedro Acedo Penco, nado en Hornachos, Badaxoz, en 1956, é un político español, alcalde de Mérida entre 1995 e 2007, e de novo en 2011 ata 2015.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Hornachos, viviu en Barcelona, Madrid e Burgos, aínda que a súa vida transcorreu principalmente en Mérida. Técnico de publicidade, en 1988 accedeu ao concelle de Mérida como concelleiro independente nas listas de Alianza Popular. Entre 1988 e 1990 estivo á fronte da Asociación Estremeña de Radiodifusión. En 1991 preséntase por primeira vez como candidato do PP á alcaldía de Mérida, sendo derrotado polo entón alcalde e candidato do PSOE Antonio Vélez Sánchez. Non obstante, en 1995 gaña os comicios municipais por maioría simple e é proclamado novo alcalde de Mérida. En 1999 consegue a maioría absoluta, que repite en 2003.

En 2004 foi proposto para encabezar as listas do PP ao Senado por Badaxoz, pero elixiuse finalmente a Miguel Celdrán, alcalde de Badaxoz. En decembro de 2006 confirma que non se presenta á reelección nas eleccións de maio de 2007, sendo candidata do seu partido Pilar Vargas. En ditos comicios, o PP perde o concello en beneficio do PSOE e Acedo abandona a alcaldía. En 2008 presentou a súa candidatura á presidencia do PP de Estremadura, pero retírase o día antes do congreso autonómico. Na actualidade, é Presidente Local do PP de Mérida e alcalde da cidade despois de conseguir a maioría absoluta con 13 concelleiros nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011.[1]

Predecesor:
Antonio Vélez Sánchez

Alcalde de Mérida

1995-2007
Sucesor:
José Ángel Calle Gragera
Predecesor:
José Ángel Calle Gragera

Alcalde de Mérida

2011-actualidade
Sucesor:
No cargo